Sandra Vilela, PP de Muxía: «Foron catro anos perdidos para Muxía»

F. Rodríguez / C. Viu CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Ana García

A carreira electoral | A voceira popular cre fundamental ter seguridade xurídica en materia urbanística e solucionar o problema da auga

10 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Sandra Vilela ten experiencia política. É a segunda vez que se presenta como candidata á alcaldía de Muxía, pero leva indo nas listas do PP desde que ten 18 anos.

—O mandato foi complicado.

—Creo que cando nun goberno marchan catro concelleiros debería haber unha reflexión. Pero é certo que nós non entramos a falar dos problemas internos do PSOE que é algo que terán que solucionar, pero a realidade é que isto desembocou nun goberno en minoría que non foi capaz de solucionar absolutamente nada, nin chegar a ningún acordo coa oposición a pesar de que lle pediamos ao alcalde que dialogase e que tratase de chegar a iniciativas que foran conxuntas e positivas para Muxía. Iso levounos a unha situación económica pésima onde aínda agora imos ter que ir a pleno con máis de 70.000 euros de facturas sen pagar, onde o entorno da Barca, depuradora de Frexufre, auga de Morpeguite, a gardería, un montón de obras paradas sen solución. Foron catro anos máis que perdidos para Muxía. Creo que é algo que é obvio, aí están os feitos. Non se levou a cabo ningunha medida que se poda destacar. É un concello con moito potencial, pero a Costa da Morte é a única comarca costeira de Galicia na que se perde poboación. A Xunta fixo un gran traballo con esta campaña de Camiña Galicia que cada vez nos trae máis visitantes, pero somos unha zona na que nin se mantén o número de habitantes. Ese xa é un dato demoledor

—Como pode afectar que sexan catro partidos?

—Non o sei. Si que é certo que xera un pouco máis de incertidume ao haber un novo partido que ademais se creou hai moi pouco tempo e que, polo tanto, ten moi pouco camiño. O que teño que dicir é que estamos en democracia e aquí pódese presentar todo o que queira.

—Que destaca do seu programa electoral ?

—É moi ambicioso, ten 60 medidas que imos dar a coñecer cando se inicie a campaña. Basicamente hai dúas cuestións. Unha delas é o mantemento que agora mesmo está desfeito e que é necesario. A outra é unha parte máis ambiciosa que é, primeiro, darlle solución a auga, porque neste ano que estamos non podemos estar así. Para nós, a idea é traela da mancomunidade, que é un proxecto ambicioso. Tamén é fundamental darlle seguridade xurídica ao urbanismo de Muxía porque a min caeme a alma aos pés cando sei que hai persoas que queren facer investimentos de millóns de euros e que acaban marchando porque non ven unha seguridade xurídica a nivel urbanístico. Haberá que traballar no plan xeral e ir medrando en servizos, saneamentos e tamén no desenvolvemento da cultura e do deporte, que son fundamentais. Consideramos que temos que ser líderes en cuestións que fomentan os valores e desenvolve ás persoas.

A lista

1. Sandra Vilela Riveiro
2. Sofía López Simón
3. Rosario González Lema
4. José Luis Santiago Alvite
5. Manuel Bardullas Domínguez
6. David Vázquez Rodríguez
7. Ángel José Carrera Trillo
8. Javier Lema Suárez
9. Natalia Caamaño Canosa
10. Cristina García Blanco
11. Carlos Leira Leira

Suplentes
1. Ramón Romero Soneira
2. Lidia Rodríguez Alvite
3. Kevin Sánchez González

Preferencias

A que hora se ergue? Ás 8
Que almorza? Froita e iogur
Prato preferido O percebe da Barca
Que non comería? Gústame probar todo
Bebida preferida O mencía, pero bebo auga
Equipo de fútbol O Madrid
Que coche ten? Toyota Corolla
Unha afección A política
Un lugar A Barca
Unha rede social? Facebook, Instagram, Twitter...

Artes e letras

Escritor/a favorito/a Luis García Rey
Último libro que leu Axel
Última película que viu A segunda parte de Avatar
Un/a artista Gervasio Sar
Un actor Luis Zahera
Unha actriz Paz Vega
Un/a cantante ou grupo Marc Anthony
Tipo de música Latina
Deporte que practica O Pilates, por obligación
Unha viaxe pendente Xapón