Homenaxe a Protección Civil en Muxía: «Eles son un máis da familia»

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

ANA GARCÍA

O colexio Vilarmide-Eduardo Noya promoveu este xoves, con motivo do Día da Paz, un acto de homenaxe ás agrupacións estatais, e particularmente á muxiá

30 ene 2025 . Actualizado a las 17:20 h.

«Se podes curar, cura. Se non podes curar, alivia. Se non podes aliviar, consola. E se non podes consolar, acompaña». «Non vivas para que a túa presenza se note, senón para que a túa ausencia se sinta». Estas dúas afirmacións, a primeira da enfermeira Virginia Henderson e a segunda de Bob Marley, resumen ben «o que Protección Civil de Muxía significa para a veciñanza». Así se dixo este xoves no Salón do Voluntariado da vila, durante a homenaxe rendida ás agrupacións de toda España, pero especialmente a Protección Civil de Muxía, por parte do colexio Vilarmide-Eduardo Noya.

ANA GARCÍA

Foi a súa especial conmemoración do Día da Paz, que tamén acompañou o colexio Virxe da Barca e para «sorpresa» dos homenaxeados, membros de Protección Civil de Bergondo, Carballo ou Boqueixón.

ANA GARCÍA

Pequenos e pequenas repasaron fitos e intervencións da agrupación local. «Son un máis da familia», «fan unha labor social que vai máis alá de catástrofes, accidentes ou emerxencias», dixeron no acto: «No CEIP Vilarmide-Eduardo Noya intentamos conmemorar as datas máis significativas facendo un traballo sobre persoas ou colectivos próximos, que poidan compartir con nós as súas vivencias, e que nos transmitan valores como o esforzo, a superación, a solidariedade, a xenerosidade...». 

ANA GARCIA

«Queremos que o noso alumnado sexa consciente de que os verdadeiros protagonistas da historia non só son os homes, e mulleres, poucas, que aparecen nos libros de texto. Os verdadeiros artífices dos avances son os veciños que co seu labor diario conseguen que a nosa sociedade sexa mellor. Moitos destes protagonistas non son conscientes da importancia das súas accións», explicou a directora do centro, Luísa Gerpe. Desde este xoves, se non o eran, sono un pouco máis.