Virxinia Pereira, na Galería de Mulleres de Muxía

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

Consello da Cultura Galega

Este espazo da biblioteca municipal divulga a figura da que foi moito máis que a muller de Castelao

15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Ela foi moito máis que a muller de Castelao», reivindica a escritora e xornalista Montse Fajardo. Refírese a Virxinia Pereira Renda (A Estrada, 1884 - Madrid, 1969), protagonista elixida este mes de febreiro polo espazo Galería de Mulleres de Muxía. «Unha muller cunha forte personalidade propia. Traballou no exilio a favor do galeguismo e na loita antifranquista», trasladan. Castelao e ela casaron no 1912, e afincáronse en Rianxo, onde el exercía como médico. Logo, en Pontevedra. A vida política del e o inicio da guerra e exilio trouxeron para ambos unha vida moi itinerante.

Os interesados en coñecer máis de Virxinia Pereira non teñen máis que acercarse ata a biblioteca Santiago Rey Fernández Latorre, onde este espazo Galería de Mulleres reúne información acerca dela.