A intelixencia artificial chega a Muxía con Fina Paulos e Óscar Rey

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

A asociación Xervasio Paz organizou para este venres a presentación do libro destes dous docentes

20 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Organiza a asociación Xervasio Paz para mañá en Muxía, co apoio do Concello, a presentación do libro Intelixencia artificial para a sociedade, de Fina Paulos e Óscar Rey, ambos docentes no instituto Maximino Romero de Baio. Ambos estarán ás 20.00 horas na biblioteca municipal, onde tamén ofrecerán unha charla sobre a utilidade práctica da IA na vida cotiá. «Fina Paulos e Óscar Rey falarán da intelixencia artificial para as persoas dende unha perspectiva educativa, moi amena e práctica», trasladaron tamén dende o BNG local, que manifesta o seu apoio á presentación. Publica Editorial Medulia.