
Setembro é mes de romarías no municipio da Barca, esta celebrada o pasado domingo
25 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Din que avogosa das verrugas, nin á Santiña de Trasufre (Muxía) nin á auga desta romaría lle faltan fieis nin crentes. Nin ofrendas nin panos. A ela peregrinan xentes do arredor, tamén no sentido máis literal do termo, reforzando esta concepción de setembro como o mes destas grandes citas. Xusto na fin de semana seguinte ao domingo da Barca, este pasado 21 de setembro foi xornada intensa na pequena localidade muxiá. Reforzo de orgullo que chegou ao final da eucaristía cun momento liderado polo cura vimiancés Carlos Camiño, e que poden ver no Facebook de La Voz de Carballo. Tres veces, a cada cal máis forte: «Viva a Nosa Señora do Espiño!».