Poesía, arte, historia e paisaxe ao pé do Castro Verde de Pondal

Xosé Ameixeiras
a. lavandeira CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Percorrido literario | Medio cento de persoas estrearon a vía polo val nativo do bardo pontecesán

01 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Pondal de Ponteceso estreou onte a ruta Ao pé do Castro Verde, un percorrido de cinco quilómetros polo val nativo do bardo pontecesán. Gran parte dos participantes eran alumnos do curso de monitores de tempo libre e a marcha estivo encabezada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Comezou a camiñada minutos antes das once. Adrián Varela, deseñador do percorrido, deu as primeiras claves do itinerario, mentres que o poeta e profesor de literatura, Miguel Mato Fondo, recitou «Volvendo de lonxes terras», ao tempo de loou as paisaxes das agras bergantiñás.

Cada paso que se dá polo «val garrido» é sobre «lugares, caros lugares», loados pola pluma de Pondal. O sendeiro está marcado con referencias a versos do poeta e á fauna e flora do entorno.

BASILIO BELLO

Xa chegados ás inmediacións do castro de Cerezo, Evaristo Domínguez Rial fixo un apuntamento sobre o xacemento, que, segundo dixo, ten a característica de non ser circular coma os demais, senón que ten una forma romboide. Xa en Cerezo, Juan Félix Neira contou a historia do couto de Almerezo, a presenza de monxes no entorno e sinalou a casa do prior que aínda se conserva no aspecto exterior. Sinalou que son lugares dos que xa hai referencias históricas no século IX.

A seguinte parada foi na fervenza da Brixería, onde Fran Brea lembrou a importancia dos muíños na economía e na tradición agrarias. Un grupo de mozas interpretaron e bailaron unha muiñeira.