O docente youtuber ensinou a outros mestres sobre tecnoloxía

M. López CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana García

Xacobo de Toro participou no Couto, en Ponteceso, nunha sesión formativa para profesorado

16 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Xacobo de Toro, galardoado mestre pola súa faceta de youtuber e un dos impulsores do proxecto Xeoclip, achegouse hai uns días á Fundación Eduardo Pondal para conducir unha das sesións do curso para profesorado que se desenvolve nas instalacións do Couto, en Ponteceso.

Ana García

Faloulles aos mestres sobre as posibilidades educativas que ofrecen os percorridos virtuais en 360º, moi útiles para facer traballo de campo e moi sinxelos de crear, segundo explicou De Toro. «É algo que xa fixemos en Xeoclip. Tamén se poden usar aplicacións móbiles para identificar sons de aves ou para coñecer plantas a través de fotografías», explicou o mestre.