Memoria e saber dende Vila de Cruces

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

O Abaladoiro | O outono de actividades da aldea do Couto, en Ponteceso, botou a andar en Gres e Merza 

01 oct 2024 . Actualizado a las 17:11 h.

Cores e luz dun outono que comeza víanse ben este sábado nas Insuas de Gres, onde tivo lugar un xantar de irmandade entre Fundación Neira Vilas e Fundación Eduardo Pondal. Irmandade, en realidade, con todas as entidades da aldea pontecesá do Couto, que con esta expedición a Vila de Cruces deron por iniciada súa programación para os vindeiros meses. A viaxe incluíu unha visita á casa-museo de Neira Vilas, inesquecible escritor para Galicia e dende logo tamén para Ponteceso e as súas Festiletras. Alí foron recibidos por Fernando Redondo, presidente da Fundación, a quen lle entregaron como agasallo unha simbólica imaxe de Neira e Anisia nunha das súas viaxes a O Couto. A Marcha do Antigo Reino de Galicia e tamén o Himno Galego soaron para ambos no cemiterio de Gres, onde están soterrados, e onde se levou a cabo unha ofrenda floral.

De par da memoria, houbo nesta viaxe do sábado tamén aprendizaxe, pois os desprazados desde a vila de Pondal entraron no taller zoqueiro da familia Ferro, en Merza, onde tiveron como anfitrioa e guía á propia Elena Ferro, Boa e Xenerosa. Igualmente para ela houbo unha imaxe.