
Levaron tamén accésits A crónica do Chanquinhas, de Chanquinhas, e Cantata de Donald Trump, de O Roxiño
13 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hai uns anos que a asociación Monte Branco do Couto (Ponteceso) recuperou a tradición das coplas polo entroido promovendo un concurso que, este ano, tiña como persoa homenaxeada ao malpicán Xelucho Abella (1945-2024). O certame xa ten gañadores, e os premios —lote de produtos galegos— entregáronse o domingo na Casa dos Veciños, entre degustación de filloas e follados coa Casa da Muller e música a cargo de Faíscas da Pontraga. O xurado elixiu para o primeiro premio Que caia xa o meteorito, de Juan José Paredes Mato, baixo o seudónimo de Tarrulo. Levaron tamén accésits A crónica do Chanquinhas, de Chanquinhas, e Cantata de Donald Trump, de O Roxiño. Houbo bo nivel e, para esta ocasión, participantes de distintos puntos de Galicia.