Un ciclo de tres xornadas polo 25N coa Fundación Pondal

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

Unha visita institucional que se ten feito á Casa do Maior do Couto
Unha visita institucional que se ten feito á Casa do Maior do Couto BASILIO BELLO

A primeira das actividades será hoxe, ás 11.00, un encontro interxeracional na Casa do Maior do Couto 

27 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, domingo e 6 de decembro • O programa de novembro da Fundación Eduardo Pondal, con sede en O Couto, Ponteceso, reserva un importante espazo para actos ligados ao 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Teñen para iso a colaboración de Política Social. Un deles será hoxe mesmo, ás 11.00, na Casa do Maior: un diálogo interxeracional entre usuarios deste espazo e alumnado do IES Eduardo Pondal. Comezará a actividade co visionado do documental Saberes de muller, con presenza do director Omar Rabuñal e varias das protagonistas. Está prevista tamén a presenza do director xeral de Maiores e o alcalde.

Para o domingo quedará unha velada de convivencia na Casa da Muller e, para o 6 de decembro, o centenario dun crime en Corme que conmocionou a comarca e acabou sendo reflectido en cantar de cego. Presentará esta Cova Céltica o escritor e avogado Xosé Antonio Andrade, intervirán familiares da vítima e Mini Rivas sumará a parte musical.