«Boa sorte, mala fama», un tributo ás vidas locais de Caridad e Paquita

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

O

11 mar 2025 . Actualizado a las 23:22 h.

«Ao final era unha pequena homenaxe, á muller, á emigración, e particularmente a elas dúas», conta a técnica de Cultura de Vimianzo, Nieves Lema. O sábado, xustamente 8 de marzo, foi unha tarde ben especial no auditorio da Casa da Cultura, coa representación de Boa sorte, mala fama, unha obra de teatro documental da compañía Tarabela Creativa feita a base de testemuñas da emigración que foi recollendo Carmen Conde, en entre as que hai dúas vimiancesa, Caridad Alvela e Paquita Antelo.

Así se explicou antes da representación, e as dúas, sen contalo, foron chamadas ao escenario para entregarlle o Concello, a través das mans das actrices, un ramo de flores. Estaban profundamente emocionadas, como tamén saíu o público, e non era pouco, porque se ben había fío de humor, tamén había contidos duros, mais moi certos, historia da emigración. «Foron vidas reais destas mulleres e outras, que sufriron as cousas, boas e malas, en carnes propias», di Lema. Historias «moi potentes»: da lingua á morriña ou a distancia dos fillos.