Teatro solidario contra o cancro en Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

Casa da Cultura de Vimianzo
Casa da Cultura de Vimianzo Ana García

As funcións das escolas municipais serán o 31 de maio e 1 de xuño. Entradas á venda en woutick.es

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

As escolas municipais de teatro de adultos de Vimianzo despediranse con dúas funcións na Casa da Cultura: unha, o 31 de maio, Milagre no convento, e outra o 1 de xuño, Un alto no camiño: ás 20.30 e 19.00 horas, respectivamente. Humor, emoción e solidariedade, xa que o recadado coas entradas —tres euros, na plataforma en liña Woutick— doarase á Asociación Española contra o Cancro.