A riqueza do traxe tradicional galego, a exposición en Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Case medio cento de bonecas locen na fortaleza, parte da colección de Susana Peleteiro

13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Para min é un privilexio enorme ter aquí unha exposición, que ofrezo altruístamente porque é un saber que se nos transmitiu. Eu só reproducín o que outros investigadores fixeron durante moitísimos anos». Susana Peleteiro, autora das pezas, iniciou así a súa intervención na inauguración da Exposición didáctica de traxes tradicionais galegos que dende onte e ata o 12 de xullo se poderá visitar no castelo de Vimianzo, por iniciativa da Asociación Amigos do Liño.

Participaron do acto, ademais da propia Susana, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; as edilas Rosa Blanco e Beatriz Pazos, e Carmen Riveiro, presidenta de Amigos do Liño. A mostra é un percorrido pola historia do traxe galego a través dunha coidada selección de materiais, 42 bonecas con vestimentas de distintas bisbarras e épocas e 26 paneis cun glosario das pezas. Engádense tres paneis con mostras de tecidos, fotografías antigas e pezas orixinais, antigas e modernas, de traxes.