Vimianzo programa un obradoiro de cinema para mocidade 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

Será do 28 de xullo ao 8 de agosto, con inscricións xa abertas, tanto de xeito telemático como presencial

19 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Da idea á cámara. Así leva por nome o obradoiro que organiza o Concello de Vimianzo para mocidade co fin de achegarlles o mundo do cinema de forma práctica, lúdica e participativa, segundo deu a coñecer este mércores o consistorio. A actividade desenvolverase do 28 de xullo ao 8 de agosto, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, e será impartida por A Furna, colectivo con experiencia na formación audiovisual. Serán un total de dez sesións intensivas, nas que os participantes experimentarán «todas as fases do proceso cinematográfico, desde a creación da idea ata a gravación final dunha curtametraxe colectiva». A proposta está deseñada para fomentar a expresión. Creatividade e traballo en equipo serán algunhas das cuestións pulsadas nesta proposta con prazas limitadas e inscrición de maneira telemática ou presencial na Casa da Cultura, dende este xoves ata o 30 de xuño. «O Concello de Vimianzo reafirma, así, a súa aposta pola formación e a creación de espazos que impulsan a participación activa da mocidade», trasladan.