
Emilio Rúa, a andaina e concerto en Brandomil e a sardiñada en Cee terán que agardar
18 jul 2025 . Actualizado a las 21:26 h.A sardiñada de Fisterra foi unha das primeiras citas en pospoñerse debido ao mal tempo, mais non a única. Tívose que adiar o concerto de Emilio Rúa que ía ser este venres no Castelo de Vimianzo e modificar ademais o emprazamento do espectáculo familiar deste sábado en Laxe. Anunciou o Concello de Zas que non poderá levar a cabo dúas citas contempladas tamén para este sábado: a andaina Brandomil, pedras con memoria, e o concerto previsto nesta ponte. Tampouco haberá sardiñada do Carme en Cee, polas mesmas razóns.