Vimianzo tamén se prepara para o eclipse de agosto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

A xornada do 17 incluirá dúas observacións dende o monte de San Bartolo
A xornada do 17 incluirá dúas observacións dende o monte de San Bartolo ANA GARCIA

Organiza unha completa xornada para o vindeiro 17 de abril. En Malpica haberá xa cita hoxe

10 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vimianzo, coa colaboración da Asociación Astroturismo Costa da Morte, programou para o 17 de abril varias citas preparatorias do «evento excepcional» que será o eclipse do 12 de agosto. Haberá charlas para escolares pola mañá, unha aberta o público pola tarde (19.00, Casa da Cultura) e dúas observacións astronómicas dende o miradoiro de San Bartolo, ás 22.00 e 23.00 horas. A guía de todo o exposto correrá a cargo de Javier Ares, experto en astronomía, divulgador e fundador de Polaris Menorca. Divulgación, educación, ciencia e experiencia: velaí os eixos do programa, que contribúe a afianzar Vimianzo como destino Starlight.

Hoxe, en Malpica. E sen agardar ao 17, xa para hoxe mesmo, a asociación comarcal de Astroturismo promove en Malpica (18.00, centro cívico) unha xornada formativa sobre o eclipse. Imparte Óscar Blanco.