Campamento de Samaín en Zas, vía de conciliación 

La Voz

ZAS

Ana García

Organiza esta proposta o Concello, tanto para este venres 31 como para o luns 3 de novembro

30 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá e luns • Sendo mañá Día do Ensino e o luns tamén non lectivo, o Concello de Zas promove un campamento de Samaín para rapaces de 3 a 12 anos. É un recurso de conciliación que se ofrece ás familias con pequenos matriculados en centros de ensino de infantil e primaria do municipio: haberá actividades de 10.00 a 14.00 no centro sociocultural de Zas, e é gratuíto. Cómpre, iso si, anotarse: hoxe, último día, no 981 718 056 e no 981 708 303.