Luis Treviño «estréase» á fronte do Umia cunha derrota que deixa o equipo á deriva
CDLUGO
Cae 0-1 co CD Lugo, que tamén se lle escapa no fondo da táboa
14 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A pésima traxectoria do Umia C.F. na Tercera Federación de Fútbol Femenino custoulle esta semana o posto a Guillermo Martín. A directiva do club ribadumiense buscou apostar sobre seguro coa contratación do vilagarcián Luis Treviño, que o pasado verán poñía punto final á súa etapa no Viajes Interrías por decisión dos seus responsables tras oito exitosos anos á fronte do primeiro conxunto sanxenxino. A falta dos correspondentes trámites federativos, Treviño tivo que seguir onte o encontro do seu novo equipo fronte ao CD Lugo fóra do banco vermellón. Unha estrea oficiosa que se saldou cunha nova derrota do Umia, a décimo terceira en 15 partidos e a segunda consecutiva cos rivais que o precedían no fondo da táboa.
Un disparo seco de Paula Casado desde uns 35 metros no minuto 7 de partido bastoulle ao CD Lugo para levarse o encontro. Polo demais, salientaba ao termo do choque Luis Treviño, o partido foi practicamente un monólogo das súas novas xogadoras, con a lo menos tres grandes ocasións para marcar de Nati e de Minerva.
Completada a primeira volta, o Umia é pechacancelas con 4 puntos, a 9 do Lugo, que marca a salvación. Treviño confesa a dificultade de evitar o descenso, tarefa na que porá todo o seu esforzo.