
A renovación de Samu Santos súmase á fichaxe de Édgar
24 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O novo adestrador do Arousa, Gonzalo Fernández, xa dispón dos dous defensas chamados a pelexar pola titularidade no lado esquerdo do centro da zaga arlequinada. Logo de anunciar a fichaxe de Édgar, zurdo do ano 1997 formado na canteira do CD Lugo e procedente do Racing Vilalbés, o club vilagarcián confirmou a que é a terceira renovación de entre os futbolistas que luciran a camiseta do Arousa a temporada pasada: Samu Santos.
O central redondelán declarou tras asinar a prolongación do seu contrato: «Estamos todos desexando que empece a tempada. Creo que lle debemos á afección e ao club unha tempada bonita».