O compromiso co idioma e a cultura galega de Vegalsa-Eroski
176 dos seus supermercados e hipermercados contarán con carteis e bolsas conmemorativas que darán a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas

Como cada ano, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebra o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, autor recoñecido nesta edición a través das súas tendas das enseñas Eroski e Autoservicios Familia en Galicia. Un total de 176 establecemenntos contarán nas súas instalacións con carteis conmemorativos para dar a coñecer a vida e obra deste poeta nado en Valdeorras e para pór en valor o seu legado. A carteleira foi deseñada polos alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá de Ourense e conta cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel e de 1.400.000 bolsas de plástico para as tendas da súa rede comercial.
O martes pasado deu comezo a conmemoración desta efeméride cultural no seu novo Hipermercado Eroski de A Sionlla, en Santiago de Compostela. A acción arrincou a través dunha pegada simbólica de carteis na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, así como o director da liña de negocio Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez, a directora de Relacións Institucionais, RSE e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de Márketing da compañía, Julián Hernández.

Non só bolsas e carteis
Potenciar os elementos propios da identidade galega é a aposta de Vegalsa-Eroski que se reflicte cada ano en distintas accións levadas a cabo pola distribuidora alimentaria.
Por unha banda o seu equipo humano, que está conformado por 6.587 empregados, 5.643 dos cales traballan en Galicia. Tamén cabe salientar o seu firme compromiso cos provedores galegos, aos que se destinaron case 400 millóns de euros en compras para incentivar o consumo local. Un de cada dous proveedores cos que colabora Vegalsa-Eroski pertencen á comunidade galega e representan o 39% das súas compras.
Noutra banda, é salientable tamén a aposta pola lingua galega que se fai en moitos ámbitos de cadea: nas súas tendas, incluíndo os rótulos en galego; na súa comunicación comercial, en galego, e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. A súa revista Consumer, enfocada no consumo e na alimentación, tamén se pode ler en galego xunto coa Memoria de Sostibilidade quepublican cada ano, así como os sitios web do grupo e os folletos que cada semana informan sobre as ofertas dispoñibles.
Todo isto sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúan á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galega ou a difusión da cultura de Galicia.
Ademáis, este Ano Santo Xacobeo 2021-2022, Vegalsa-Eroski adoita o papel de patrocinador oficial cunha aportación de 900.000 euros para a promoción, difusión e divulgación de diferentes actividades deste programa. Algún dos compromisos máis destacados no ámbito cultural é o apoio a festivais como o Morriña Fest” (A Coruña), o “Resurrection Fest” (Viveiro) e o “Caudal Fest” (Lugo), ademáis de accións como a iniciativa de intercambio artístico “Camiño Escena Norte”, entre outras, que se desenvolve entre as comunidades galega, asturiana, cántabra e vasca.