CONTENIDO PATROCINADO
Ofrecido por Bodegas Martín Códax

Bodegas Martín Códax presenta a Edición Especial Fragmentos de Onte do seu albariño Martín Códax, dispoñible por tempo limitado. Unha colección de 6 botellas únicas e diferentes coa selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que afonda na vida dun pobo grazas ós relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926. Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe.

A etiqueta habitual do albariño Martín Códax xa é en si mesma unha homenaxe á cultura galega e a un dos personaxes que máis contribuiu á consolidación do noso idioma. E agora, por tempo limitado, rendirá tributo ás profesións máis artesanais que se realizan en Galicia, e que, moitas delas, aínda permanecen.

As redeiras de Marín, as leiteiras de Muros, as mariscadoras de Carril o as palilleiras de Muxía, xunto cas oleiras de Niñodaguia en Ourense ou as vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra represéntanse en cada unha das seis botellas desta Edición Especial Fragmentos de Onte.

(1/6) - Palilleiras traballando nunha casa en Muxía, A Coruña. 1.924. Ao longo da Costa da Morte, as mulleres xuntábanse para palillar nos seráns. Facíano para socializar e converter o traballo en lecer. Os mozos ían despois ás casas para cantar e bailar. Xunto co de Milán e o de Bruxas, unha das xoias do encaixe europeo.

(2/6) - Arranxando redes. Marín, Pontevedra. 1.924. Galicia, unha terra que sempre mira ao mar. Os traballos do mar precisaban de certas tarefas en terra que realizaban as mulleres. Un bo exemplo son as redeiras que arranxaban as redes coas súas agullas durante longas xornadas.

(3/6) - Remexendo a ribeira na procura de marisco. Cortegada, Carril, Pontevedra. 1.926. Os inicios artesanais da industria conserveira galega, de tanta importancia para a comarca, e que aínda perduran. Unha dura tarefa que aínda hoxe mantén o seu carácter manual.

(4/6) - Leiteiras de volta a Carnota. Muros, A Coruña. 1.924. Percorrían a pé enormes distancias cada mañá cos seus cántaros de cinc na cabeza para vender o leite, tanto das súas vacas coma tamén das dos seus veciños. Algunhas mulleres cargaban ata máis de 60 kg na cabeza.

(5/6) - Levando cacharros á feira mensual. Ourense. 1.925. As mulleres levaban a carga sobre a cabeza para percorrer os camiños e levar pesos que doutro xeito non poderían cargar. Xunto coa de Buño son as máis representativas da artesanía galega, aínda vivas.

(6/6) - Mercado de madeira e palla. Praza da Leña, Pontevedra. 1.924. Estas mulleres camiñaban quince ou vinte quilómetros cargadas cos feixes de leña coa esperanza de conseguir dúas pesetas pola súa venda, nun dos mercados máis emblemáticos de Pontevedra.

Fragmentos de onte, a Exposición

Coincidindo co lanzamento da Edición Especial, Bodegas Martín Códax levará a Vigo e, posteriormente a Santiago, en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, a Exposición Fragmentos de Onte no que poderase ver unha mostra significativa do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson.

Entre 1924 e 1926, Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nueva York, mandou á fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia, en varias expedicións, para recoller todo o material etnográfico que estaba a piques de se perder: vestiario, oficios, festas, costumes, feiras, tradicións…

A exposición é unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro de Anderson. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.

Observar a través do obxectivo de Anderson, e ler o que conteñen o seus escritos, permítenos ver a través dos seus ollos.

<span lang= gl >Arranxando redes, Marín, Pontevedra</span>

A través deles, coñeceremos ás leiteiras da comarca de Santiago reunidas na Rúa Nova ao amencer, ás redeiras de Marín, aos zoqueiros nas feiras de Pontevedra ou Santiago, ás vendedoras da Praza da Leña de Pontevedra ou as castañeiras de Compostela.

Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo... En definitiva, toda a nosa cultura popular, a través das fotografías da americana.

<span lang= gl >Martín Códax en compaña</span>

Fragmentos de Onte na cidade de Vigo

A primeira das exposicións será na cidade de Vigo, do 20 de abril ó 10 de xuño na Sede de Afundación (rúa Policarpo Sanz, 24-26) e estará aberta de luns a sábado de 17.30 a 20:30 horas.

Un espacio que acollerá diferentes contidos culturais, entre eles showcookings de recoñecidos cociñeiros da cidade, visitas guiadas e catas comentadas por un dos sumilleres de Bodegas Martín Códax.

Estas actividades terán un aforo limitado e haberá que adquirir previamente as entradas na web de Bodegas Martín Códax.

Posteriormente, a Exposición trasladarase a Santiago na Igrexa da Universidade e estará aberta ó público dende o 21 de xuño ó 29 de xullo.

Toda a información da edición especial e das actividades da exposición poderá atoparse na web de Bodegas Martín Códax.

<span lang= gl >Levando cacharros á feira mensual</span>