CONTENIDO PATROCINADO

«R posibilita que o 90% da poboación xa utilice o 5G»

Fernández de la Calle, responsable do departamento de Empresas de R, na sede galega da operadora
Fernández de la Calle, responsable do departamento de Empresas de R, na sede galega da operadora CÉSAR QUIAN

Subliña que as comunicacións móbiles con 5G garantirán contornas fiables como as fixas

OFRECIDO POR R

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

ISIDRO FERNÁNDEZ DE LA CALLE, director de empresas R

Súas son as competencias do departamento de Empresas da compañía de telecomunicacións galega R. Isidro Fernández de la Calle conta con máis de 25 anos de experiencia no sector.

—Hoxe en día, o 5G é un termo que se utiliza habitualmente. Cal é a diferenza que presenta con respecto ás redes precedentes?

—O 5G é unha tecnoloxía de redes móbiles que, fundamentalmente, achega tres vantaxes. A primeira incide na velocidade. Así, imos poder acadar velocidades superiores ao xigabyte por segundo, que son velocidades que, ata o de agora, estaban limitadas a redes de fibra. Ese sería o primeiro punto a destacar. O segundo afecta ás latencias. O tempo que tarda en chegar a información, dende que se xera ata que chega ao destino a través das redes móbiles, vai poder baixar a poucos milisegundos. E o terceiro gran punto sería que imos pasar dunha rede móbil de persoas a unha rede móbil de persoas e de cousas. A partir de agora, o número de cousas conectadas á rede móbil vai ser infinitamente superior ao número de persoas. En resumo, eses son os tres principais puntos dos que todo o mundo fala, pero se pensamos nun contexto empresarial eu sumaría outros dous adicionais. O primeiro supón que as empresas van poder ter redes móbiles privadas cunhas prestacións similares ás que hoxe lles dan ás redes fixas, coa garantía dunha calidade de servizo e nun entorno de seguridade nas súas telecomunicacións. Todo iso tamén o van poder atopar nas redes móbiles. E, o último punto, que eu creo que vai ser un tema tremendamente transformador, é que outras empresas, que non son operadoras de telecomunicacións, van poder utilizar esa rede dun modo simple, van consumir a rede a través do software. En definitiva, o cambio é enorme, imos poder utilizar unha rede tremendamente complexa dun xeito moi sinxelo.

«O cambio é enorme, imos poder utilizar unha rede tremendamente complexa dun xeito moi sinxelo»

—Esas diferenzas marcan un antes e un despois. Estamos ante unha nova realidade?  

—Totalmente. Se repasamos un pouco as vantaxes podemos ver que o tema da velocidade vai permitir, por exemplo, que poidamos retransmitir múltiples vídeos a altísima definición a través da rede móbil. Se falamos do número de dispositivos conectados, podemos apuntar que calquera sensor, en calquera cidade, vai poder estar conectado á rede. Imos permitir que os coches estean conectados e tamén que os drones estean conectados á rede móbil. Se falamos de latencia, ese pouco tempo que tarda en chegar a información á rede, será procesada e vai xerar unha resposta que permitirá que un coche autónomo decida frear ou xirar o volante ante un imprevisto que aconteza. E, se falamos dun entorno de privacidade, podemos exemplificar o caso nun entorno empresarial no sector da loxística. Pois ben, esa empresa vai poder conectar, a través da rede móbil, todos os seus vehículos, todas as súas máquinas e todos os seus empregamos dende calquera punto das súas instalacións. E cando eses vehículos ou os seus produtos estean polo mundo van seguir conectándose á rede móbil sabendo que están usando un servizo que é exclusivo da empresa. Todo ese proceso achegando garantías de velocidade, de seguridade e do tempo que tarda en chegar de novo á empresa. E tamén está o caso de que terceiras empresas poidan utilizar a rede móbil. Aquí podemos estar a pensar nunha start-up especializada en drones. Pois ben, poderá, a través de software, dicirlle a R que vai utilizar a súa rede móbil para voar un dron durante 15 minutos, que vai estar xerando catro vídeos de alta definición e que queren lle garantan que tardan ese tempo en chegar e que toda a comunicación circulará de xeito seguro. Consumirá durante ese tempo a rede, nese caso 15 minutos, e non necesitará nin falar con R para facelo. Ese é o novo horizonte cara ao que nos diriximos.

«Os nosos clientes recoñecen que somos o operador co que gozan da mellor cobertura»

—A nivel de cobertura, en que punto se atopa actualmente a rede de R?

—Se falamos da cobertura dunha rede móbil tradicional, en R estamos permanentemente comprobando como perciben a nosa cobertura os/as nosos/as clientes. Especialmente, nestes tres últimos anos, R vén de dar un paso definitivo na mellora da cobertura. Así, a día de hoxe, recoñecen que R é o operador co que gozan da mellor cobertura. Por outro lado, se falamos especificamente da tecnoloxía 5G, a compañía R posibilita que o 90% da poboación de Galicia xa utilice o 5G.

“Imos por diante en toda a transformación da tecnoloxía”

As retransmisións, o vehículo autónomo e a loita contra o lume son algúns dos ámbitos de aplicación nos que a operadora galega R puxo o foco á hora de priorizar o desenvolvemento do 5G.

—Como están a xestionar eses proxectos?

—Seguimos un enfoque moi práctico. Hai que coñecer ben as posibilidades da tecnoloxía e as necesidades dos clientes. En concreto, destacaría as tres iniciativas que temos a día de hoxe. Unha ten que ver coa retransmisión de eventos deportivos. Calquera acto que se celebre, alí onde haxa unha rede móbil, xa non necesitará ter fibra. Agora podemos retransmitir todo a través de alta calidade. O segundo exemplo ten que ver con todo o desenvolvemento do vehículo autónomo, nun entorno de máxima esixencia para a rede móbil. O vehículo envía permanentemente información e ten que ter datos que inflúan no que ocorre na estrada. Todo iso ten que procesarse rápido para tomar decisións. Hai unha entidade que está a poñer toda esa infraestrutura a disposición de terceiros que queiran desenvolver eses servizos e R é o partner de referencia. O terceiro ten que ver coa loita contra os incendios e consiste en sensorizar as zonas de risco e ser capaz de facer observación a través de drones. Utilízase a rede para transmitir información que é procesada para avaliar riscos en contornas nas que se observen situacións que necesiten dunha reacción inmediata.

—A que ritmo avanza R?

—Imos por diante. Esta transformación da tecnoloxía 5G aplica ás antenas, á radio e a toda a comunicación móbil. Aí xa temos cobertura para o 90% da poboación. O seguinte punto é a transformación do que é o core, o noso cerebro, que ten que estar preparado para o 5G porque non podemos utilizar infraestruturas do pasado. E aí tamén temos moito traballo feito. A terceira parte sería quen de ofrecer a outros a capacidade de utilizar esa rede. Recentemente, anunciamos un acordo cunha empresa líder a nivel mundial que ten moi avanzados estes servizos.