Viaqua, referente en xestión dixital e educación ambiental para a preservación da auga en Galicia

A empresa líder na xestión sostible do ciclo da auga en Galicia, avanza en materia de solucións tecnolóxicas e sensibilización cidadá para impulsar a transformación ecolóxica e preservar os recursos hídricos
Nacións Unidas declarou 2025 como o Ano Internacional da Conservación dos Glaciares, convertendo esta temática no eixo do Día Mundial da Auga, que se celebra hoxe, 22 de marzo. O seu propósito é concienciar sobre unha gran evidencia: a correlación existente entre as emisións de gases de efecto invernadoiro e o ritmo de derretemento das grandes masas de xeo do planeta.
Ante este escenario de cambio climático, Viaqua, a empresa que xestiona os servizos de abastecemento, saneamento e depuración en case 50 concellos galegos, aposta por adoptar medidas innovadoras que aceleren a transformación ecolóxica e garantan, deste xeito, un futuro sostible para a comunidade.
Dixitalizar para acelerar a transformación
Xa non se trata só de definir estratexias a longo prazo para paliar os efectos da crise climática, senón de levar a cabo actuacións concretas que ofrezan solucións no presente. Neste sentido, Viaqua identificou as claves desta necesidade establecendo eixes prioritarios no seu novo plan estratéxico GreenUp 2024-2027: a resiliencia, o desenvolvemento dixital, a circularidade e a descarbonización. Estes piares concrétanse ademais en iniciativas que xa están sendo implementadas, demostrando a solidez do compromiso de sustentabilidade da compañía a través de proxectos pioneiros en materia ambiental.
Viaqua posúe unha longa traxectoria na xestión intelixente da auga grazas a un amplo abano de desenvolvementos tecnolóxicos, novas metodoloxías innovadoras e avanzados sistemas de axuda á decisión para mellorar a eficiencia na xestión das infraestruturas hídricas.
Neste sentido, destaca o proxecto «OU-Intelixente, provincia da auga», desenvolvido por AquaOurense —empresa mixta formada por Viaqua e a Deputación de Ourense— no marco do PERTE do ciclo urbano da auga. Este ambicioso proxecto, contará cun orzamento superior aos 13 millóns de euros e ten como obxectivo dixitalizar a xestión do ciclo da auga de 79 concellos ourensáns, así como dos consorcios de augas de Valdeorras e Os Peares.
Entre as actuacións prioritarias, salientan a implantación de máis de 63.000 contadores de telelectura en 74 municipios da provincia. Esta iniciativa iniciouse en 7 municipios da provincia e, ata a data, instaláronse máis de 9.000 contadores intelixentes que permiten un control máis preciso e eficiente do consumo.

Entre as actuacións prioritarias, salientan a implantación da telelectura de contadores de auga nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Esta iniciativa comezou xa no Consorcio de Augas de Valdeorras e, ata a data, instaláronse máis de 8.000 contadores intelixentes que permiten un control máis preciso e eficiente do consumo. A dixitalización tamén abrangue 139 instalacións de depuración, permitindo monitorizar en tempo real tanto a cantidade como a calidade da auga que se devolve ao medio natural, así como 18 instalacións de abastecemento no Consorcio de Augas de Valdeorras, mellorando o control do funcionamento das plantas potabilizadoras e das redes de distribución. Todo este fluxo de datos integrarase no novo «Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Auga - Aqua-OU», que centralizará a xestión operativa e ofrecerá un espazo aberto á cidadanía para que poidan coñecer de primeira man esta xestión da información e poñer así en valor a importancia dunha xestión eficiente e sostible da auga en Ourense.
Galicia, referente en economía circular
As ecofactorías son un modelo de economía circular que revoluciona o concepto tradicional de depuradora, onde a produción de enerxía é clave para o funcionamento da propia instalación, a rexeneración da auga residual contribúe á preservación da contorna e a biodiversidade local, e os seus residuos convértense en novos recursos como biogás ou fertilizantes.
En Galicia, un exemplo destacado e referente a nivel nacional e europeo é a ecofactoría de Ourense que, grazas á colaboración público-privada entre o Concello de Ourense e Viaqua, promove a descarbonización do ciclo integral da auga na cidade.
As ecofactorías que promove Viaqua son un expoñente na loita contra o cambio climático e da transición ecolóxica, pero tamén nun centro de educación ambiental para visitantes e nun polo de innovación onde desenvolver proxectos relacionados coa economía circular, a auga rexenerada ou a valorización dos residuos que chegan a estas instalacións.
O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, que desenvolve na Ecofactoría de Ourense, CETAQUA Galicia, o centro tecnolóxico de Viaqua, propón un modelo integral para transformar os residuos de orixe industrial, urbana, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido. CIGAT Circular é o claro exemplo dos beneficios da colaboración público privada, neste caso entre Viaqua e a Axencia Galega de Innovación, posicionando Galicia como unha rexión neutra en carbono que aposta pola economía circular e a innovación como ferramentas clave para este propósito.
Alianzas e compromiso coa cidadanía
No Día Mundial da Auga —e durante todo o ano—, Viaqua alíñase co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 6, auga limpa e saneamento para todos, e con outros ODS nos que este recurso esencial para a vida xoga un papel transversal.
Viaqua leva anos implicando aos actores que conforman a sociedade galega en accións de sensibilización ambiental, un motor fundamental para avanzar na acción climática. Proba diso é Aqualoxía, o programa de Viaqua para difundir o coñecemento do ciclo da auga e a sensibilización ambiental nas aulas de Primaria, que este ano celebra o seu décimo aniversario. Nestes 10 anos de vida, os recursos interactivos e os experimentos de Aqualoxía chegaron a máis de 12.000 estudantes, que aprenderon da man de Viaqua a importancia de coidar dun recurso tan valioso como a auga dunha maneira didáctica, dixital e divertida.

Ademais de realizar unha xestión sostible dos recursos naturais, Viaqua impulsa unha potente estratexia de acción social con medidas para mellorar a calidade de vida das persoas a través de diferentes programas, iniciativas e convenios de colaboración, poñendo especial foco nos colectivos en situación de vulnerabilidade.
Para iso, a colaboración sostida con administracións e actores locais, como Cruz Vermella, Igaxes ou as tres universidades galegas, entre outros, é clave para lograr un dos obxectivos da empresa: non deixar a ninguén atrás. Para Viaqua é fundamental seguir impulsando accións colectivas transformadoras para avanzar cara a un modelo de xestión da auga máis sostible, resiliente e inclusivo para as xeracións futuras.
En definitiva, a compañía galega reafirma día a día o que o seu lema «Moito máis que un compromiso coa túa auga», vai máis alá dunha xestión eficiente e sostible da auga, sendo un motor de innovación, desenvolvemento sostible e cohesión social nos territorios onde está presente. A súa aposta pola dixitalización, a economía circular e a educación ambiental, sitúa a Galicia á vangarda da transformación ecolóxica e contribúe activamente á creación dun futuro máis sostible, xusto e resiliente para toda a cidadanía.