CONTENIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR FESTIVAL MAR DE MARES

O mar está presente en cada momento da nosa vida, e así é como o Festival Mar de Mares está a cambiar a nosa relación cos océanos desde o ano 2014, converténdose nun referente no activismo e a concienciación medioambiental. Coincidindo coa celebración do mes dos océanos, esta nova edición de Mar de Mares, que se desenvolverá entre os días 6 e 15 de xuño en distintas localizacións da Coruña, celebra 12 anos de compromiso coa sustentabilidade mariña.

O benestar do mar é a principal motivación de cada unha das accións de Mar de Mares. Dar voz a todas as iniciativas e movementos que axuden á preservación dos océanos. Un evento único no que se dan cita todas as voces do mar; ciencia, arte, gastronomía, música, cultura, identidade, lecer, pesca, emprendemento, deporte, turismo… todo o que cabe no océano está en Mar de Mares, que se consolidou como un espazo de reflexión grazas aos seus completos programas e á participación de referentes mundiais que nos contaxiaron o amor polo mar. En total, pasaron máis de 500 relatores e 300.000 persoas polas 420 actividades programadas desde os nosos inicios. E ademais sacamos do mar máis de 14 toneladas coas Limpezas de Fondos Mariños.

Reconocido como actividad de interés por la Década de los Océanos da ONU, el Festival ha contado con la colaboración de grandes referentes na divulgación, como como os World Press Photo, National Geographic, a BBC, o CSIC, a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e Fundación Biodiversidade, entre outros. O Festival Mar de Mares está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas como o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, pero tamén se nutre de apoio privado como son Vegalsa, Signus e Abanca, así como a colaboración de numerosas institucións que traballan no ámbito mariño.

Mulleres do Mar

Desde os seus inicios, o Festival quixo dar voz a todas aquelas mulleres que dedican a súa vida ao mar e que tan pouco se coñece. Este ano, ademais, acompañarannos a divulgadora científica Odile Rodríguez de la Fuente, filla do gran naturalista Félix Rodríguez de la Fuente, a escritora Noemí Sabugal e a mariscadora Lita Barrosas, Tamén terán un papel relevante na mesa do Foro, Executivas polo Mar, dando voz ás mulleres  que traballan polo mar desde postos de dirección.

A Coruña, o mellor escenario

O Festival expándese por toda a cidade coas numerosas actividades nas que profundar na súa identidade mariñeira; Paseos pola Cidade Barco, a visita á Torre de Control, os Roteiros de Observación de Aves, a travesía en veleiro pola baía e as visitas intermareales co IEO.

Mercado Mar de Mares, a parte máis lúdica do Festival

O Mercado volve ao icónico Mercado de San Agustín durante os días 7 e 8 de xuño, no que gozaremos de diferentes formatos de actividades como os concertos de TRAM 32 ou os grupos Sweet Marie e Melao, obradoiros para nenos e nenas, faladoiros como o do biológo e fotógrafo marino Anxo Cao ou o encontro co biólogo e escritor Javier García Galdo, el showcooking de Moncho Méndez do restaurante Millo, degustacións e moito máis.

III Foro Azul; o Mar como motor de progreso

Ademais do lecer, a gastronomía, o activismo e o ecoturismo, nesta edición tamén haberá espazo para falar sobre o futuro da economía do mar, co III Foro Azul Mar de Mares, que celebrarase o 12 de xuño no Espazo Avenida Abanca, un lugar de reflexión onde ademais da mesa de Executivas polo Mar, falarase dos océanos como motores de crecemento e innovación nun modelo socioeconómico máis sostible

Gran limpeza de fondos mariños Mar de Mares-Signus; compromiso activo co Océano

E como colofón, o 15 de xuño acabamos coa actividade que mellor reflicte o espírito do Festival, a gran Limpeza de Fondos Mariños Mar de Mares-Signus na que institucións públicas e privadas e a cidadanía únense para sacar do fondo do mar toneladas de lixos. Unha mañá de activismo comprometido que demostra que xuntos podemos facer máis.

Consulta toda a programación da XII edición do Festival en festivalmardemares.org