Concello e asociación de comerciantes presentaron onte unha ampla campaña de actividades de cara a estas datas
05 dic 2012 . Actualizado a las 11:10 h.Baixo o lema Vive o Nadal en Culleredo, Concello e Asociación do Comercio deron a coñecer onte a campaña de potenciación de tendas e locais de cara a estas datas. «Queremos que la gente se acerque. Tenemos buenos productos y buenos precios», apuntou o presidente da entidade, Antonio Seoane. Animación nas rúas, percorridos de Papa Noel, obradoiros do máis variado e para idades distintas que permitirán aos pais «mercar mentres os nenos están coidados», sorteos de lotes de compra, un parque de educación vial, un curso de condución segura, chocolatada nos comercios... «Non é unha programación illada», dixo a edila de Promoción Económica, Marta Iglesias. O comercio local tratarase de potenciar todo o ano co slogan ¿Ti mercas en Culleredo? «Era necesario volcarnos ao máximo neste tempo de crise. Pretendemos que rúas e bares sexan unha festa», sinalou o alcalde, Julio Sacristán. Novidosa é a ruta «barítima», un proxecto con continuidade que terá lugar o xoves 20 nos locais de Vilaboa e o 28 no Burgo (tapa e caña ou viño, por 1,90 euros).
Alumeado
As luces de Nadal acenderanse o venres, ás 18.30 horas. Na campaña navideña (alumeado, cabalgata, actividades coma as presentadas onte...), o Concello de Culleredo investirá 67.000 euros, dos que a Deputación aporta 1.250, apuntou Julio Sacristán, cantidade moi inferior á do ano pasado (eran uns 18.000).