«A coalición con Bildu pasará factura ao BNG»

Toni Silva BETANZOS / LA VOZ

A CORUÑA

cedida

Este politólogo e xornalista de Betanzos foi o claro gañador das primarias de CxG para encabezar a lista europea

26 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Na casa dos López López os fillos só levan boas e grandes novas ultimamente. Meses despois de que o fillo maior, Xabier, gañase o premio Xerais de literatura, o benxamín, Paulo Carlos (Bergondo, 1985) verá como se empapela media Galicia coa súa faciana. É o candidato de Compromiso por Galicia (CxG) logo de vencer no proceso de primarias.

-Recoñézao, era o favorito nas primarias.

-Un proceso como son as primarias abertas á cidadanía non permite que haxa favoritos.

-¿Que pensou ao ver tantos militantes en Ourense?

-Pensei que o proceso estaba tomando forza que habendo unha candidatura en Ourense o resultado era incerto.

-¿Houbo chamada de Artur Mas ao día seguinte?

-Chamaron para felicitarme dende entorno dos partidos que van na coalición, do PNV e CiU, era do entorno de Artur Mas, pero non o president.

-Dixo que CxG «xa gañou, en transparencia e en democracia». ¿De non conseguir escano en Estrasburgo dirá o mesmo?

-Efectivamente, porque quen gañou foi a sociedade galega. Convertemos CxG nunha organización con paredes de cristal. Agora a pelota está no tellado doutros, que terán que abrir de par en par as súas asociacións a sociedade.

-¿Que prevé para o BNG trala súa vinculación con Bildu?

-Penso que lle pasará factura, eles nin tan sequera teñen claro que a de Bildu é a mellor coalición.

-O seu estado de WhatsApp di «Estou, que non é pouco». ¿É un conformista?

-Ao contrario, son especialmente inconformista, e os inconformistas sempre queremos innovar tanto na política como na vida. Respecto ás eleccións europeas, conformareime con que me escoiten pero pedirei que me voten.

-¿Qué lle dixo Xoán Bascuas?

-Pois que igual son o candidato máis novo en toda España.