![](https://img.lavdg.com/sc/hOEmfEHpCE6l2f5pZ0HGT8oHeOo=/480x/2019/10/17/00121571319001667804837/Foto/pulpo.jpg)
O poeta e mariñeiro inaugura unha exposición na sede da asociación cultural Alexandre Bóveda
30 oct 2019 . Actualizado a las 20:39 h.Agrupación Cultural Alexandre Bóveda • A sede da asociación acolle a exposición fotográfica 1500 ventosas ártabras, do mariñeiro, de Xosé Iglesias. Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é mariñeiro, capitán de pesca e poeta. Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar. A súa obra está recollida en varias publicacións colectivas (Versus Cianuro, Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, Alén do silencio, Dez anos na porta, Aldeas sen voz). Foi finalista nos premios da AELG no 2015 polo seu primeiro poemario Transfusión Oceánica, e tamén no 2017 con A relixión do mar, obra premiada tamén co Victoriano Taibo.
Segundo explican dende a asociación cultural, «Xosé Iglesias antes que nada é un lobo de mar, un home que sente ben de perto o seu oficio e que é capaz de trasladalo ao público mediante a escrita. Todos os mariñeiros son poetas, só que a maioría non o saben. A poesía no mar pode ser simplemente intentar transcribir a liña do horizonte ao papel, ou xirar o lápis no sentido das agullas dun reloxo ou no contario, según ese día sopren os ventos do anticiclón ou as borrascas».