Homenaxe a Rosalía de Castro ante o seu teatro

La Voz A CORUÑA

A CORUÑA

CESAR QUIAN

A rúa Riego de Agua encheuse de amantes da literatura para escoitar os versos da gran poeta galega no seu aniversario

23 feb 2025 . Actualizado a las 19:25 h.

A rúa Riego de Agua encheuse este domingo de xente para homenaxear a Rosalía de Castro diante do teatro que leva o seu nome na cidade da Coruña. O acto, que conmemorou o nacemento da escritora, estivo organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. A vicepresidenta da primeira, Beatriz Maceda, compartiu a un manifesto elaborado por Marga do Val antes de dar lectura pública a parte de obra de gran poeta galega.