
A sexta edición da Semana do Cinema Galego levará á gran pantalla 8 produccións destacadas do 26 ao 29 de marzo
18 mar 2025 . Actualizado a las 21:13 h.O Teatro Colón da Coruña proxectará 8 das produccións audiovisuais máis destacadas do 2024 no marco da sexta edición da Semana do Cinema Galego, que terá lugar do 26 ao 29 de marzo.
Aurora, As Neves, Honeymoon, Salvaxe, Salvaxe, Filmei paxaros voando, +Cuñados, Prefiro condenarme e Xustiza Artificial son os títulos dos que gozarán os espectadores e que inclúen lungametraxes, curtametraxes e documentais. A edición do ano pasado contou con arredor de 1.500 asistentes.
Na presentación participaron Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do audiovisual e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quen apuntou que os espectadores poderán comprobar coma este sector en Galicia «goza da mellor saúde». Pola súa banda, Pérez Becerra indicou que un dos obxectivos desta iniciativa é «chegar ao público», xa que recoñeceu que «custa que a xente vaya ao cine». Ademais, destacou o apoio do Concello da Coruña, do que dixo que «é a institución que máis recursos aporta» á academia e que a cidade é «a capital do audiovisual galego».