«A fraga das avoas invisíbeis», un conto infantil sobre o impacto do cancro no ámbito familiar

La Voz A CORUÑA

A CORUÑA

Marcos Míguez

A autora do texto, Claudia Castro, e a ilustradora, Yolanda López, presentarán este venres a obra na libraría Formatos a partir das 20.00 horas

25 abr 2025 . Actualizado a las 09:22 h.

A libraría Formatos do número 5 da calle Santiago Rey Fernández-Latorre acolle hoxe a partir das 20.00 horas a presentación do libro A fraga das avoas invisíbeis, da editorial Fervenza, nun acto no que estarán a autora do texto da obra, Claudia Castro, e a ilustradora das imaxes, Yolanda López. Estarán acompañadas ademais por Violeta Meléndrez, Doval, coñecida no universo das redes sociais pola súa faceta de bookstagramer como @littera_lupa

O libro A fraga das avoas invisíbeis é un conto infantil no que se narra o impacto do cancro no ámbito familiar. A protagonista, Vero, deixa de sorir ao descubrir a enfermidade que padece a súa nai. Será ela quen lle de ánimos e lle explique que existe unha fraga marabillosa á que viaxan as nais cando están enfermas e onde se encontran cas avoas que xa non están con nós.