Portas Ártabras presentou o volume que compila os catro poemarios do escritor
29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A sede de Portas Ártabras, na rúa Sinagoga, acolleu onte pola tarde a presentación do libro Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967?2017 de Xosé L. Franco Grande. Trátase dunha recompilación que abrangue case cincuenta anos de poesía do escritor.
Ademais da editora do libro, Teresa Seara, participaron no acto as fillas do autor, Rosalía e Navia Franco. Tamén asistiu María Pereira, directora de Merlín Comunicación.