
O actual Concello de Abegondo edificouse en base ao esforzo de determinadas persoas que fixeron da vocación pública a súa marca de vida. É o caso de Luis Manteiga Agra (A Coruña, 1928-Abegondo, 2024), que nos deixa un legado de servizo e amabilidade sen igual.
Luis foi unha das alma mater do noso Concello. Empezou a traballar en 1948. E, de entrada, puxo en marcha a recuperación do fondo documental do municipio, xa que a casa consistorial sufrira un incendio que arrasara con todo.
Por aquela época, en plena ditadura, o funcionamento da administración xiraba arredor do que, xunto aos seus compañeiros Perfecto e Joaquín, atendían todo o que necesitaba a cidadanía.
Exercía de alguacil, pero realmente era un home para todo. Realizaba recados, emitía notificacións, preparaba as licenzas e, en xeral, asumía calquera traballo que fose preciso.
Tamén coñecido como o xardineiro, porque era outro labor que exercía, resultaba moi característico velo coa súa motocicleta por Abegondo, sen parar. Porque Luis era un traballador extraordinario e demostrouno sempre, ata a súa xubilación en 1993. Descanse en paz.
Por José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo