Durante a xornada non se rexistraron as aglomeracións que se esperaban na zona de Bergondo e Oleiros
17 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Loce o sol. As ondas do mar baten contra as rochas. Nenos que rin ao fondo. Amigos reunidos nas terrazas despois de máis de dous meses sen verse. Descoñecidos que se sorrín ao pasear mantendo as distancias de seguridade. Ciclistas e mesmo algún que outro veciño xunto á beira do mar.
O sábado na zona costeira da Coruña respirábase paz, tranquilidade e, sobre todo, moita felicidade. Despois de máis de dous meses de confinamento, durante a primeira fin de semana da fase 1 de desescalada, a xente non o dubidou nin un intre. O paseo de Santa Cruz acollía a veciños do lugar e as terrazas tiñan sitio tanto para os de Santa Cruz como para os de Sada. A media mañá xa estaban as terrazas ateigadas de xente.
Diego Rodríguez é de Santa Cruz e a pesar de que aínda non pisou «terraza ninguna», asegura que se está moi ben na zona «desde el primer día». Pola rúa ve «a la gente de siempre» e afirma que como «hay menos personas no hay tanto problema como en otros sitios». O feito de poder saír tomar o aire agradéceo mesmo máis que outra xente porque tal e como conta, «la situación fue fastidiada porque me había roto la pierna en noviembre y tengo muchos días de confinamiento, por decirlo de alguna manera». De todos modos, agradece «la paz y el aire limpio que hay ahora».
Carlos Carballo vive en Sada pero aproveitou o bo tempo para «tomar unha cervexa na terraciña» dun bar de Santa Cruz. Ao ser transportista pasou o confinamento «traballando». Opina que agora «todo é moi raro» e di que «a maioría da xente cumpre as normas pero é a responsabilidade individual a que hai que ter sempre». Anima á xente a que teña esa «responsabilidade individual que non sempre se ten» porque explica que «despois de estar 50 días traballando e despois de toda a semana facendo 13 e 14 horas diarias... é triste ver que agora todo se vaia un pouco ao garete».
Carlos leva «dous meses» sen ver a súa nai, e ten moitas ganas e pode facelo, pero, «aínda que me deixen non vou porque ten 86 anos e hai que ser un pouquiño precavido». Debido ao seu traballo e a estar exposto ao virus durante tanto tempo, vai esperar para reunirse tanto coa nai coma cos seus fillos.
Algo similar lle pasa a María Luísa Cortizas e ao seu marido José Antonio Trigo. Din que botan de menos «las visitas y los abrazos de los nietos» y que pese a verse «por videollamada», resúltalles «muy triste porque estamos acostumbrados a verlos todos los días, aunque esperaremos a que pase todo para reunirnos de nuevo, por si tenemos algo, no contagiarlos».
A parella achegouse desde Culleredo ata unha terraza preto do paseo marítimo de Santa Cristina para «liberarnos un poco y tomar el sol». A situación estana levando ben, «dentro de lo que se puede, asumiendo lo que hay». Pensan que «deberían abrir más terrazas porque hay muchos sitios que tienen espacio fuera, están cerrados y deberían tener actividad con las medidas adecuadas. Hay que seguir trabajando, porque esto se hunde», afirman. Iso si, no bolso de María Luísa non falta «nuestro gel y nuestras mascarillas por si no podemos mantener la distancia», e manteñen con confianza que «esto va a pasar, y prontito».
Nas zonas máis turísticas de Miño ou Bergondo esperábase unha gran afluencia de xente, pero desta vez gañou a responsabilidade cidadá.