Bergondo, un concello en crecimiento a la espera del plan de urbanismo

BERGONDO

Alejandra Pérez, Manuel Fafián, Juan Fariña y David Carro.
Alejandra Pérez, Manuel Fafián, Juan Fariña y David Carro.

PSOE, PP, Alternativa dos Veciños y BNG revalidan su confianza en los mismos cabeza de lista que en los anteriores comicios para el 28M

14 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Actualmente en Bergondo gobierna un bipartito, integrado por PSOE-Alternativa dos Veciños, que mostró serias discrepancias en los últimos tiempos. El PSOE ostenta la alcaldía, con seis concejales, y la corporación la completan 4 ediles del PP, 2 de Alternativa dos Veciños y 1 del BNG. Con 6.892 vecinos, fue un concello de los que creció debido al movimiento población que hubo tras la pandemia. 

Candidatura del PSOE de Bergondo para el 28M.
Candidatura del PSOE de Bergondo para el 28M.

Alejandra Pérez (PSOE): «Non facemos promesas falsas, somos realistas»

Alejandra Pérez Máquez (Londres, 1971) opta a reelección como alcaldesa por cuarta vez.

—Cal é o balance destes últimos catro anos?

—Estiveron marcados pola pandemia aínda que agora mesmo nos pareza lonxana. Penso que aínda só tendo a metade do que sería un mandato normal o balance é positivo.

—Logros?

—Ter avanzado moito no tema do planeamento, tanto nas modificacións puntuais e incluso na proposta para aprobación do PXOM; mellorado infraestruturas municipais, e dado resposta en momentos críticos e difíciles ás necesidades que apareceron por cuestións extraordinarias.

—Cales son as promesas para o vindeiro período?

—A diferenza doutros que levan xa en campaña algún tempo, nós esperamos ao período de campaña. Prometemos mellorar o noso Concello sendo moi conscientes dos condicionantes que hai e non facemos promesas falsas. Non facemos promesas de cuestións que no podemos cumprir porque sabemos que legalmente non se poden facer. O que propoñemos son sempre cuestións realistas, que levarán máis ou menos tempo, que teremos que pelexar máis ou menos, que dependerán, nalgún caso, de que outras Adminsitracións fagan o que lles corresponda, pero o facemos co sentir de quen goberna e ten experiencia e dunha boa xestión feita durante todos estes anos.

—Que valora do feito?

—Creo que as obras son importantes, pero ao final o importante son os servizos que lle podamos dar os veciños. Durante estes catro mandatos o que puidemos ver tamén é unha forma moi diferente de actuar segundo as circunstancias a nivel nacional. A min xa me tocou, no seu momento, lidiar coa crise de 2008 e ver como sendo un concello que tiña recursos non podía facer investimentos e tocoume lidiar con esta crise e é moi diferente. A posibilidade de poder utilizar os nosos recursos, que son nosos e froito da boa xestión, é básico. Nese sentido, para min o principal é o interese público, xerar esas propostas e dar mellores servizos para que a xente lle apeteza vivir en Bergondo. Poder estar nun espazo tranquilo, que non che ofrece, ao mellor, todos os beneficios da urbe, porque non os hai, pero que intenta ter tamén ese fito de diferenza.

—Que tal funcionou o bipartito?

—Funcionou ben ata hai uns meses, en onde creo que por parte do socio de goberno querer diferenciarse o levou a estar nunha estratexia de confrontación que non é normal e onde non vale dicir que o bo é grazas a min e malo é culpa dos demais.

—No caso de ter que volver a buscar socios, Alternativa dos Veciños sería unha opción?

—A día de hoxe non.

—Cales son as súas perspectivas respecto aos resultados electorais?

—Obviamente o que queremos é chegar a maioría absoluta e non por chegar a ela, senón que queremos chegar aos 7 concelleiros porque nos daría a posibilidade de desenvolver mellor o noso programa. As metas son esas, as expectativas son boas, pero somos humildes. Somos xente cos pés na terra, hai que traballar e aínda hai poboación indecisa e hai que tratar de convencela para que nos vexa coma unha opción fiable, que mestura a experiencia de xestión coa incorporación e unha ilusión que seguimos tendo como o primeiro día. 

 

Manuel Fafián (PP): «Botei en falta diálogo este mandato»

Francisco Manuel Fafián Torreiro (Lubre-Bergondo, 1968) é a cuarta vez que encabeza unha candidatura, as dúas primeiras por Veciños de Bergondo e agora polo PP.

—Cales son as prioridades que ve para o Concello?

—Resumíndoas en tres eixos, o primeiro sería o tema dos maiores, porque non temos centro de día e nós imos centrarnos neste mandato no centro de día, co 20 % de poboación envellecida é super importante. Tamén está o tema do plan xeral, porque parece mentira que despois de 20 anos e un ferrado de cartos (600.000 euros levamos gastados), aínda non se saiba que vai pasar. O que si sabemos por adiantado é que o plan xeral deixa 1.000 vivendas con licenza en só rústico, sobre un total de 3.600. Parécenos que esa compresión de núcleos deixa tantas casas con servizos fóra de ordenación, que hai que darlle unha volta. Hai 1.000 vivendas de 3.600 que van a quedar en rústico tendo todos os servizos e licenza. Levamos moito retraso, houbo moita dispersión,  o goberno dende que comezaron o plan xeral hai 20 anos non tiña ganas de espabilalo. Deixaron construír con licenza e agora as casas da xente valen menos da metade e non é xusto. Tampouco no plan xeral se recolle a ampliación do polígono que nós levamos pelexando moito tempo, tampouco recolle espazos para facer unha zona deportiva. O terceiro eixo ten que ser o tema do emprego, emprego e máis emprego. Temos un Concello que creceu coa pandemia, pero morren máis veciños dos que veñen e temos unha taxa de paro superior a concellos como Abegondo, tendo un polígono industrial. O emprego ten que ser unha máxima. E temos que mellorar a atención ao cidadano, que mete medo. Creo que se se fai iso neste mandato bastante se fai. Prometer ouro, mouro e carretas... o que moito promete, pouco fai. Nós preferimos centrarnos en tres eixos e, se sae ben, seguir avanzando. Hai que ir pisando forte e facer as cousas que se deben: centro de día, plan xeral e emprego.

—Que botou en falta neste último mandato?

—Sobre todo, diálogo. O equipo de goberno actual non tivo en conta para nada ao PP. Presentamos máis de 50 mocións, que lle entraba por unha orella e lle saía pola outra. Iso si, cando todo ía ben era só cousa deles e cando as cousas ían mal, como por exemplo, as verteduras da depuradora, pois era culpa do PP por denuncialo, pero diálogo, cero. Preferían falar co BNG antes que co PP.

Candidatura de Alternativa dos Veciños 2023
Candidatura de Alternativa dos Veciños 2023

Juan Fariña (AV): «Bergondo parece o día da marmota»

Juan Antonio Fariña Pedreira (Bergondo, 1973) é a tereira vez que encabeza unha candidatura. Primeiro con Anova e a anterior e este 28M con Alternativa dos Veciños. A día de hoxe é responsable da Área de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente no goberno local.

—Como ve a contenda electoral?

—Espero que sexa elegante, pero vai ser de moita confrontación. Agardo que sexa de confrontar proxectos e ideas e non caiamos, no que nalgún xa está caendo, que son ataques e calumnias, que xa está pasando a día de hoxe en Bergondo. Espero que mellore, que reflexione quen o está facendo e que vaiamos as cousas que importan de verdade. Cada un ten as súas opinións, ideas e a súa visión política sobre o que é mellor e o que non, pero non se debe caer no que se está caendo por parte dalgún.

—Como valora estes anos no goberno?

—Nós estamos intentando facer moitísimas cousas, logramos sacar determinados temas adiante, vese no asfaltado de camiños. Nas nosas áreas fixemos cousas, pero evidentemente non puidemos facer nin a décima parte do que nos gustaría ter feito, porque o desequilibrio no xunto do goberno entre as dúas forzas é moi grande. O PSOE ten seis concelleiros, incluíndo a alcaldía, que é quen manda, contra dous ou con dous que no somos do PSOE, que somos de Alternativa dos Veciños. Non puidemos sacar cousas importantes en Bergondo e lamentámolo profundamente. Hai temas fundamentais que seguen aí dando voltas e voltas en campaña, como o plan xeral, o centro de día e unha serie de cuestións que fan que Bergondo pareza o día da marmota con relación a determinados ámbitos.

—Sería posible de novo o bipartito actual?

—Nós temos a aspiración de que imos a lograr ser a forza máis votada en Bergondo as vindeiras eleccións. Evidentemente non creo, sería unha sorpresa morrocotuda, que algún partido, nós tampouco, logremos a maioría absoluta, como para non depender doutras formacións para pacto. Pero tendo en cota que seremos a forza máis votada e que non haberá maiorías absolutas haberá que chegar a acordos e resolverase despois das eleccións, como é natural.

—Que considera imprescindible executar o próximo mandato?

—Primeiro e por riba de todo facer avanzar de forma contundente o plan xeral, levamos 10 anos, dende que se contrataron os traballos da redacción do actual plan xeral. Contratouse en 2013 e estamos en 2023 e aínda non saímos da fase de borrador que levamos instalados cinco anos. Iso é tremendo en todos os sentidos. A máxima prioridade debe ser acelerarlo porque senón dentro de dez anos seguiremos falando do plan, sen aprobar, que sería un fracaso terrible. Hai que afondar nas políticas que nos traian o complemento do plan, dotacións de todo tipo e servizos públicos municipais de calidade para Bergondo. E por outra banda, achegar a Administración ao administrado. Unha das cousas que teño clarísimas é que me cargo a cita previa obrigatoria. Iso hai que quitalo xa e é incomprensible nun concello como Bergondo ese capricho e arbitrariedade da nosa alcaldesa cando está vendo que PP e PSOE a nivel nacional acábanse de poñerse de acordo para instar a que se suprima en todas as Administracións. A cita previa é unha aberración.

 

David Carro (BNG): «O goberno foi a ralentí, falta valentía para facer algo potente»

David Carro Temprano (Bergondo, 1984) é a terceira vez que é o candidato do BNG á alcaldía. Leva dende o 2012 como responsable desa formación no concello.

—Que entende que precisaría Bergondo?

—Non me chegaría unha tarde para contalo. Para min, Bergondo ten moitas potencialidades que están sen desenrolar. Dende infraestructuras deportivas a sociais, como o centro de día, a mellora da asistencia no fogar, a seguridade vial...

—Como considera que foi este último mandato?

—Un pouco parecido aos demais. Un pouco a ralentí, eu para poñer un símil diría que é un goberno diésel, fáltalles arranque, van un pouco ao ralentí. Van sacando algunha cousa, pero non lle poñen interese. Coma o plan xeral, que quedou medio aparcado, aínda que agora está aí, e mentres van sacando modificacións puntuais, pequenas cousas, parece que non queren apostar de verdade por desenvolver todo. Van a pouquiños. Como que falta valentía para facer algo potente.

—E que leva o BNG como eixes do seu programa?

—Que merecemos e podemos ter máis servizos e de mellor calidade, en mobilidade, transporte, un centro de día, mellorar a asistencia sanitaria. Este mandato púxose en marcha o comedor nas unitarias, cremos que é un pouco caro e pensamos que se pode facer unha proposta máis económica. O que é básico é o plan xeral, porque del depende practicamente todo e os servizos básicos como o saneamento. Eu vivo en Lubre e temos toda a parroquia sen saneamento. Perdemos outros catro anos por querer facer unha obra faraónica, cando para nós poderíase ter feito dunha maneira máis económica e máis sostible. Tamén nos importa moito o tema da fibra óptica, levamos unha proposta para sacar a licitación os servizos de telefonía do Concello e aí incluír unha cláusula para que a empresa que gañe desenrrole a fibra onde falta, que sempre sae nas reunións que temos cos veciños. Sempre é unha das preocupacións principais de xente.