Considera que as instalacións actualmente están infrautilizadas
05 dic 2025 . Actualizado a las 19:45 h.O BNG logrou o respaldo da corporación para que o Concello impulse unha negociación coa Xunta para lograr o uso do Complexo Xuvenil As Mariñas, que inclúe o albergue de Gandarío e o coñecido como o da Mariña Española, por parte do Concello e o asociacionismo local que lle poida interesar.
«Temos unhas instalacións de primeiro nivel, unha xoia, con varios pavillóns para pasar a noite, instalacións adaptadas, pistas polideportivas, anfiteatro, laboratorios, comedor ao aire libre, zona de acampada, piscina, salas de reunións... instalacións que a maior parte do ano están infrautilizadas e as que se lles pode quitar maior partid», indicou o portavoz do BNG, David Carro.
«Por que o Concello ou o tecido asociativo non pode facer uso destas instalacións públicas localizadas no noso municipio? Ou por que se lles nega o uso cando nestas non hai actividades da Xunta?», preguntouse Carro.
A proposta saíu adiante unicamente cos votos do BNG e a abstención do resto de grupos, pese a estar de acordo co fondo da proposta.