02 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Outra das voces máis prestixiosas das actuais letras galegas, a de Xavier Alcalá, tamén estará presente na Feira do Libro da Coruña. O autor, ferrolán de adopción, atenderá aos seus lectores o sábado día 8 dende as 20.30 horas. Asinará exemplares da súa crónica de viaxes Habana Flash e do resto da súa produción, que inclúe obras tan importantes para a literatura galega como A nosa cinza , A insua , Entre fronteiras ou Nos pagos de Huinca Loo .