Homenaxe a Lorenzo Varela

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

CULLEREDO

CAPOTILLO

A Asociación Sociocultural O Burgo rendeu onte homenaxe a Lorenzo Varela cun acto popular que este ano se trasladou desde o seu barrio ata a praza de Curros Enríquez. Alí, un grupo de veciños traballou desde a mañanciña para facer unha fermosa alfombra floral coa figura do escritor. Ante ela, houbo un pequeno recital poético e diversas actuacións musicais, como a do coro polifónico da asociación convocante ou a Banda Municipal de Música. Tras este acto, houbo una recepción no local social de O Burgo, co que rematou a semana cultural organizada pola devandita asociación.