«Chamoume sempre a atención o espírito de progreso e emprendedor da xente»

d. v. CURTIS / LA VOZ

CURTIS

20 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Andrés Mariño Sanmartín (Curtis, 1945) presentou esta semana o seu sétimo libro, a maioría centrados na evolución histórica do pobo no que naceu, lugar ao que sigue acudindo todas as fins de semana e do que segue con ansias de documentar. Recoñece que a xubilación e a pandemia as aceleraron.

-Ata cando viviu en Curtis?

-Ata os 12 ou 13 anos, cando marchei ao Calvo Sotelo a estudar, mais sempre mantiven o contacto.

-Cando comezou a escribir sobre o pobo?

-Cando traballei en La Voz de Galicia, miraba no arquivo as cousas de Curtis, pero non había case nada. Curtis é un pobo con pouca historia, está feito en paralelo ao ferrocarril. En 1883 faise a estación e comezaron a montarse os negocios e vir a xente de fóra, como foi o caso dos meus pais que viñeron da zona de Arzúa. Como non había nada escrito púxenme a preguntarlle aos vellos, pero non eran nativos.

-E converteuse case no cronista oficial.

-De feito si. Empecei a escribir porque a xente me pedía que reclamara os arranxos da luz, da estrada e empecei facendo crónicas porque aquí non había nada.

-Que foi o máis singular que atopou nas pescudas que fixo para a súa última obra?

-É un conxunto, o que máis me chama sempre a atención é o espírito que tiña a xente, sen ser de aquí, e a unión que había entre eles para botar Curtis para arriba, o empeño que tiñan. A min acórdaseme o antigo oeste, cando ían os colonos. Chamoume sempre a atención o espírito emprendedor e de progreso que tiñan.

-Canto cambiou?

-O pobo creceu, desenvolveuse, pero ao decaer o ferrocarril e as feiras xa non hai aquela actividade. A asociación de empresarios e os comerciantes están intentando coller ese espírito e hai que destacar niso o papel das mulleres.