
Solo el PP y el BNG concurren el 28M y lo hacen con perspectivas muy distintas
18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Curtis, con 4.104 vecinos, es un concello marcado por el peso de dos poblaciones contrapuestas entre el comercio, Curtis, y el tirón industrial, Teixeiro, que en los últimos tiempos centra el movimiento económico. Actualmente, el PP gobierna con mayoría absoluta, con 8 concejales, frente a los 3 que tiene el Asembleas Abertas en la oposición.

Javier Caínzos (PP): «Levamos a cabo o 80 % do programa»
Javier Caínzos Vázquez (Curtis, 1969) pretende revalidar o seu mandato como alcalde de Curtis, no que leva dende o 2001. «Como concelleiro sumo 28», aclara e di que mantén a ilusión cunha candidatura con 7 caras novas.
—Como ve a campaña?
—Só hai a candidatura do BNG e a nosa, a do PP, e estamos facendo un traballo, como facemos todos os anos que hai cita electoral, visitando a todos os veciños e facendo a campaña con normalidade e cun programa electoral moi concreto e específico segundo as necesidades. Facemos un recordatorio de actuacións e investimentos destes últimos catro anos, que foron moi especiais pola pandemia e a crise. Facendo un balance do programa electoral que tiñamos comprometido o levamos a cabo en máis do 80 % e o que non se finalizou está en proceso de execución ou encauzado para levalo a cabo nos próximos anos.
—Cales foron os principais logros?
—O eixe principal deste mandato foi a creación de postos de traballo, creáronse moitos empregos grazas ó labor que fixemos nos últimos anos de adaptar a normativa urbanística para a creación de solo industrial, facilitar o asentamento de industrias e o apoio que lle demos aos inversores, facilitándolle trámites para axilizar os permisos, licencias e autorizacións, para que fixeran o investimento no noso concello. Houbo un investimento moi forte en infraestrutura, en mellora da rede viaria, sobre todo nos núcleos rurais; levamos a cabo unha actuación en abastecemento da auga de preto de 5 millóns, que aínda se está executando, mellorando a estación de tratamento de auga potable e, ao mesmo tempo, estamos a facer unha actuación de captación e bombeo para dar subministro e abastecemento non só as casas senón as zonas industriais. Fixemos un investimento importante en infraestrutura deportiva, ademais de facer o comprometido coas gradas no campo de fútbol e a mellora das instalacións dos pavillóns, ximnasios e pistas multideporte e de páddel. Tamén se melloraron os parque infantís e levaremos agora outra partida. O compromiso coa educación foi firme, conseguimos investimentos para mellorar os centros educativos e incluso creamos un aula de estudo nova en Curtis, que nos reclamaba a xente nova, e fixemos unha aposta polo patrimonio adquirindo a casa de María Antonia Dans e converténdoa en casa-museo. Levamos a cabo tamén unha actuación importante de adaptar a normativa urbanística ao que nos demandaban os veciños reducindo o solo de núcleo rural para excluír todas as construcións de uso agrario e forestal, para que quedaran fóra desa clasificación e permitir a legalización para que puideran ter licenza de actividade. Fixemos unha aposta contra o feísmo, requerímoslles ao propietarios que adecentaran as vivendas que estaban en mal estado e tramitamos expedientes de ruína para os que non as levaron a cabo.
—Que quedou sen facer?
—Estamos a facer unha construción anexa aos locais sociais, cunhas pérgolas, para cubrir as demandas que nos pedían os veciños. Temos unha en execución e quédannos sen executar cinco máis. É unha das actuacións máis prioritarias e tivémola que demorar pola pandemia. Tamén un viveiro de empresas para facilitar o asentamento de novos inversores e de emprendedores.
—Curtis creceu en poboación nos últimos anos.
—A acción do goberno veuse manifestada no arco poboacional dende o ano 2016, démoslle a volta á tendencia, estabamos decrecendo e pasamos a crecer. Houbo máis nacementos polo asentamento que houbo de novas familias, é xente que fixou a súa residencia pola creación de emprego.

Lucas Quintas (BNG): «Curtis non é o “cortijo” do alcalde»
Lucas Quintas Gómez (Curtis, 1999) estréase como candidato a alcalde no vindeiro 28M.
—Como se animou?
—Acabei a carreira de Ciencia Política e Administración Pública e as miñas compañeiras, as actuais concelleiras, animáronme a que fora cabeza de lista.
—Como ve Curtis?
—Ten un gran potencial, actualmente estase mostrando co polígono, pero vexo un mal gasto dos fondos públicos importante.
—Que cuestiona do gasto público?
—Moita obra con sobrecustes bastante inexplicables, que a maioría de veciños lles chama a atención, como os baños dun pavillón que custaron 180.000 euros e cunhas evidentes deficiencias.
—Como analiza a xestión do rexedor?
—A súa xestión do polígono de Teixeiro, que é un núcleo de comercio na comarca, hai que recoñecer que é en gran parte obra súa, mais non só é grazas a el, tamén aos empresarios que se animaron e viron en Curtis un gran potencial, pero non é o cortijo del.
—Que levan como propostas no seu programa?
—A principal é cambiar o modelo que se está levando tan pechado, porque semella que para conseguir un posto no polígono precisas pasar polo despacho do alcalde. As asociacións tamén se nos queixan de que lles poñen trabas continuamente o seu labor e non saben como acceder a fondos, unhas teñen acceso e outras non. A nosa principal man é abrir o concello a todos.
—Urbanisticamente como ve o municipio?
—Unha das grandes problemáticas que temos é a deficiencia na oferta de vivenda. Grazas ao polígono estase achegando moita xente a traballar, pero non hai oferta de vivenda. Moita xente non quere alugar, porque hai unha certa estacionalidade, e a oferta de vivenda é escasa porque non se fixo obra, nin se deixa facer.
—A que o vincula?
—Hai certas razóns que son certamente sospeitosas. Hai un plan xeral de urbanismo que non permite a obra, nin pública nin privada, cando hai unha evidente necesidade nos dous pobos.