Pontedeume, de conto en conto coa rapazada

LA VOZ PONTEDEUME

OLEIROS

CEDIDA

O Concello entregou os premios do trixésimo cuarto concurso Vila de Pontedeume

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Malena Castiñeira Franesqui, alumna de 4.º da ESO de Oleiros, foi a gañadora do trixésimo cuarto concurso de contos Vila de Pontedeume, coa obra «Caramelos de café». Recibiu 600 euros, unha estatuíña de Sargadelos e un diploma. E Jamily Fentanes Barrozo, de 1.º de Bacharelato de A Pastoriza, levou un accésit. Os dous textos serán publicados polo Concello eumés nun volume colectivo de varios anos no 2026.

O escritor eumés Antonio Manuel Fraga Allegue presidiu o xurado, do que formaron parte Emma Pedreira, escritora; Cristina Fraga López, directora e actriz de teatro; Brais Rey Campos, docente e actor teatral; e Esther Leira Penabad, como secretaria. E o dictame foi unánime.

Da obra gañadora, destacan «o bo exercicio de diálogos e a caracterización de personaxes» e valoran «o tratamento da relación entre a avoa e os netos». E do relato que mereceu un accésit, subliñan «a definición dos personaxes, creados a través das sensacións que xeran no lector». Na entrega de galardóns estiveron tamén o alcalde, Bernardo Fernández, e outros integrantes do goberno local.