A entidade cultural Barbantia insta á Xunta a retomar o procedemento de declaración BIC do museo Carlos Maside de Sada

Ribeira RIBEIRA / LA VOZ

SADA

Sala do museo Carlos Maside
Sala do museo Carlos Maside MIGUEL MIRAMONTES

Súmase á demanda realizada por diversos colectivos da provincia

21 jul 2025 . Actualizado a las 19:17 h.

Dende a Asociación Cultural Barbantia, entidade cultural integrada polos 9 concellos da área do Barbanza, queremos sumarnos á denuncia realizada polas asociacións Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH da Coruña), AC Alexandre Bóveda da Coruña, AC Eira Vella de Betanzos e AC Irmáns Suárez Picallo de Sada de paralización do procedemento de declaración BIC do Museo Carlos Maside de Sada e outras entidades.

 Hai xa 15 anos que o Parlamento de Galicia acordou iniciar esta declaración BIC, sen que se tivera realizado ningunha acción ata o pasado ano 2023 coa Resolución de 1 de agosto da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, na cal se incoaba o procedemento, que está a piques de caducar de non emitirse resolución expresa unha vez transcorridos 24 meses dende a súa publicación.

 Así pois, esiximos á Xunta de Galicia que resolva de xeito urxente este expediente en defensa do interese xeral e adopte as medidas necesarias para recuperar este proxecto museográfico de incalculable valor concibido por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo en plena ditadura franquista.