O CGAI homenaxea a Manoel de Oliveira e Marisa Paredes

La Voz

CULTURA

14 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) rende homenaxe esta semana a Manoel de Oliveira e a Marisa Paredes, dous dos distinguidos coas medallas de ouro das Belas Artes 2007 que se entregarán mañá na Coruña, coa proxección da única colaboración conxunta entre ambos ( O espelho mágico, hoxe), e un título de Oliveira aínda inédito entre nós ( Cristóvao Colombo. O enigma, mañá).

O CGAI únese ás celebracións de festivais coma os de Cannes e Venecia no centenario do cineasta portugués, e engade estas sesións á completa retrospectiva que lle dedicou hai anos sobre á súa obra.