María Reimóndez será a segunda escritora galega residente en Gales

La Voz

CULTURA

22 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

María Reimóndez pasará o mes de marzo na Universidade de Bangor, no segundo programa da Residencia de Escritores/as Galegos/as» organizado polo Centro de Estudos Galegos en Gales, con colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Con anterioridade participou nesta iniciativa María do Cebreiro Rábade Villar.

O obxectivo é axudar á autora para unha serie de proxectos de produción literaria e de investigación.