06 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Blanca Cendán celebrou onte o seu primeiro acto como directora do Centro Dramático Galego. A nova responsable reafirmou as liñas principais da entidade, entre elas, maior protagonismo para as coproducións, incorporación do sector privado na financiación, impulso das xiras internacionais, creación dun consello asesor e traballo dende a base.
No artístico, Cendán sinalou que se primará o traballo sobre o musical e o teatro de rúa para captar novos públicos e reafirmou a súa intención de que a primeira obra desta nova etapa sexa unha versión de Salomé , de Oscar Wilde, cun equipo integramente galego. A estrea podería realizarse a finais do mes de setembro. Cendán tamén sinalou un coidado especial cos xénero e autores contemporáneos.