O escritor galego Manolo Rivas sitúa a acción da súa última novela nun lugar que chama Brétema. Dende 1979, en que publiquei Cándida, otra vez Brétema é o lugar en torno ao cal se moven os meus personaxes de ficción.
Uns naceron alí e fóronse rumbo ao sur ou cara ao Mediterráneo, ou para o outro lado do Atlántico, en procura de novos ámbitos para a súas inquedanzas ou arrebatados polo amor. Outros seguen alí, xa vellos, porque trinta un anos son moitos, mesmo para seres de ficción.
En entrevistas e coloquios téñenme preguntado onde está Brétema, que lugar real se oculta baixo este nome. Eu sempre dixen que era un lugar imaxinario, feito a golpe de novelas, con retazos de moitos lugares. Brétema ten cousas do meu Mondoñedo natal, e ten o mar de Foz, e ás néboa de Lugo onde pasei parte da nenez, e os paseos e o aire de Santiago; e o ceo gris que vexo sempre máis aló do ceo de calquera parte do mundo. E, cos anos, tamén se incorporaron a Brétema as illas e os marabillosos seráns de Vigo.
Brétema é a miña Galicia vivida e é a Galicia soñada e añorada dende a distancia; o paraíso perdido, o lugar que se ama, pero do que tamén se foxe cando as lembranzas se converten en dor.
Manuel Rivas puido escoller para situar a súa novela Vetusta de Clarín, Orbajosa de Galdós, Marineda de Pardo Bazán, Celama de Luis Mateo, Región de Juan Benet, Mágina de Muñoz Molina, Comala de Juan Rulfo, Macondo de García Márquez ou Yoknapatawpha de Faulkner. Pero escolleu Brétema. Un lugar onde viven e morren os meus personaxes dende hai trinta anos. Son cousas que pasan.