O indignado Hessel, en galego

La Voz

CULTURA

17 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Indignádevos!

Stéphane Hessel. Factoría K. Tradución de F. Moreiras e prólogo de M. Rivas. 48 páxinas, 5 euros.

O polémico manifesto de Stéphane Hessel (Berlín, 1917), que chama á «insurrección pacífica» da xuventude contra a actual deriva da sociedade occidental no medio da crise, chega agora ás librerías en versión galega da man do selo Factoría K de Libros (Kalandraka). O volume, que inclúe un prólogo do escritor coruñés Manuel Rivas, non entra en maiores matices por imperativo espacial (ten só 48 páxinas), pero supón cando menos unha moi recomendable incitación á reflexión ante o que Hessel define moi graficamente como «a ditadura dos mercados financieiros».