Teresa Moure gaña o Piñeiro de ensaio por «Queer-emos un mundo novo»

santiago / la voz

CULTURA

29 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Teresa Moure resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de ensaio que convoca a editorial Galaxia xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

O ensaio premiado nesta undécima edición leva por título Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, que será publicado o vindeiro ano pola editorial Galaxia. Segundo o xurado, o texto gañador é unha aproximación á literatura galega desde a perspectiva da teoría queer, pero con intención de incidir no debate social, polo que tamén se abranguen os usos inclusivos da linguaxe e cuestiona o uso de determinadas formas aparentemente inclusivas.