O escritor máis laudeado da literatura galega recibiu o agarimo de colegas e lectores
30 jun 2012 . Actualizado a las 15:14 h.Máis de dous centos de persoas acudiron a convocatoria da plataforma cidadá ProLingua co obxecto de homenaxear ao escritor Agustín Fernández Paz. "Fóra de toda dubida os méritos e premios esta é unha homenaxe dos seus lectores, a homenaxe da cidadanía a un home comprometido coa literatura, a lingua e a educación publica", dixo Rosa Aneiros. O acto foi unha declaración de gratitude por parte de xente procedente de diferentes ámbitos. Posteriormente, tivo lugar unha comida nun restaurante de Vigo. Dase a circunstancia de que se desenvolve hoxe a Feira do Libro de Vigo.