«Espazos sonoros» busca difundir o patrimonio por medio da música

santiago / redacción

CULTURA

17 jul 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Concertos en espazos pouco habituais pero con importancia patrimonial. Concertos que pretenden poñer de relevo a importancia do patrimonio e da necesidade de implicarse no seu coidado. Esta filosofía é a que define Espazos Sonoros, unha iniciativa que cumpre cinco anos e que, entre setembro e outubro, volverá levar a música a espazos con valor histórico.

Os tres tipos de música que marcan o carácter de Espazos Sonoros son a antiga, a de órgano e a de cámara. Tres tipos que estarán presentes no cartel deste ano que, ademais, completará oferta con algúns concertos máis heterodoxos e tamén con unha programación paralela á música pero próxima tanto ao patrimonio como a música. Entre os grupos que participarán están Andrew Lawrence-King, Marco Ambrosini, Taracea ou Fernando Abreu.

Os lugares dos concertos que terán lugar entre setembro e outubro, serán a Ribeira Sacra, o Museo Massó en Bueu, Santa María de Cambre, a igrexa de San Pedro en Lugo, o Liceo de Ourense e o parque arquelóxico de Campo Lameiro. Ademais, haberá un concerto especial na Casa Grande de Vilaencosta, da familia de Marcial Valladares, onde se recrearán as tardes musicais que se celebraban en vida do musicólogo.