O presidente da entidade fixo entrega dun busto de bronce ao delegado de La Voz en Carballo en recoñecemento aos 25 anos de vida da edición
31 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.As actividades desenvolvidas durante o último mes pola Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso baixo a denominación de Outono Pondaliano tocaron onte ao seu fin cunha intensa xornada de actos que incluíu un recoñecemento a La Voz de Galicia pola súa labor cultural.
Ao remate dunha charla do presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, e antes da clausura oficial, presidida polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da entidade e alcalde pontecesán, José Luis Fondo Aguiar, fixo entrega dun busto en bronce de Pondal ao delegado de La Voz en Carballo en recoñecemento tamén aos 25 anos de vida desa edición do xornal.